Anévoa non é unha destilería, nin unha tenda, nin unha marca de licores calquera.
É unha maneira de gardar sabores, recordos e risas nunha botella.
Licor de limón, de café, de cereixa ou de queimada…
feitos con agarimo e coa dose xusta de mala idea.
Non vendemos. Non prometemos nada.
Só compartimos o que nos gustaría atopar ao final dunha sobremesa galega de verdade.
Anévoa: morriña líquida.
Sabe a limón, pero tamén a verán, a sobremesa longa e a risas entre amigos.
Feito con limóns de verdade, sabe a sol, a mesa chea e a alguén dicindo:
“eu non bebo, pero un limonciño, si”.
E aí comeza todo.
Anévoa de limón: o toque que lle faltaba ao teu serán.
Sabe a morriña e a noite pecha.
Non te leva de volta a Galicia, pero case.
Feito con augardente galega, sen lume pero con chispa.
¿Nunca a fas por non queimar a casa (ou o mantel)?
Agora podes levala nunha botella e quedar como un señor… ou unha meiga, segundo o caso.
Anévoa de queimada: Galicia embotellada.
Sabe a sobremesa longa, a partidas de cartas e a contos que xa ninguén sabe se son verdade.
Tómase frío, quente ou a traizón, segundo quen cho sirva.
Ideal para rematar ben… ou para empezar peor.
Anévoa de café: o licor que pasa de xeración en xeración… como as boas historias.
.
Feito con cereixas de verdade e sen almibaradas.
Doce, pero con mala idea.
Este licor entra suave, pero deixa pegada.
Non fai falta entender de licores para saber que isto sabe ben.
Anévoa de cereixa: para quen sabe o que quere… ou polo menos o que lle gusta.
Se tes algunha dúbida, curiosidade ou simplemente queres saber máis podes poñerte en contacto con nós. Non temos un departamento de atención ao cliente, pero temos retranca e ganas de falar.